Beni camiña só
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Beni camiña só
- Foco Xhanfise Keko
- Repertorio
- DCP2K
Os pais de Beni, protectores de máis, non lle deixan xogar na rúa e o pequeno perdeu o contacto coa vida cotiá. O seu tío acode desde a aldea para rescatalo e levalo a pasar as vacacións de verán. Alí Beni conecta coa natureza e volve pouco a pouco a unha vida verdadeira nesta fábula de crecemento e transformación persoal. Interpretado por Herion Spiro Mustafaraj, o neno foi seleccionado entre máis de 4000 crianzas de entre 7 e 8 anos das escolas públicas, converténdose nunha figura mítica do cinema albanés.
Organizan Museo Reina Sofía e NUMAX
- Título orixinal: Beni ecën vetë
- Ano: 1976
- Duración: 78 minutos
- Idioma orixinal: Albanés
- Dirección: Xhanfise Keko
- Guión: Kiço Blushi
- Elenco: Yllka Mujo, Dhorkë Orgocka, Pandi Raidhi, Gjergj Sollaku, Herion Mustafaraj
- Montaxe: Xhanfise Keko
- Dirección de arte: Murteza Fushekati
- Música: Limos Dizdari
- Fotografía: Saim Kokona
- Produtora: Shqipëria e Re