Biografía de Jorge Luís Borges
- Repertorio
- VO
Biografía de Jorge Luís Borges
- Cineuropa 2026
- Repertorio
A partir dunha revisión exhaustiva dos documentos que deixou Jorge Luis Borges, dos libros que leu e dos lugares que percorreu, Mariano Llinás emprende unha investigación para descifrar a vida do escritor arxentino. A través de manuscritos, poemas, fotografías e obxectos, o cineasta constrúe un retrato que explora a relación entre a literatura, a memoria e a experiencia vital, nunha viaxe que percorre diferentes lugares do mundo e se perde polos labirintos da obra borgeana.
Mariano Llinás é un dos cineastas destacados do Novo Cinema Arxentino. A súa filmografía, de carácter experimental e literario, inclúe títulos como Historias extraordinarias (2008), La flor (2018) e Clorindo Testa (2022). Xunto a Laura Citarella, Alejo Moguillansky e Agustín Mendilaharzu, forma parte da produtora independente El Pampero Cine. En 2011 obtivo o Premio Konex como un dos cinco mellores directores de cine da década na Arxentina.
- Título orixinal: Biografía de Jorge Luís Borges
- Ano: 2026
- Duración: 330 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Mariano Llinás
- Guión: Mariano Llinás
- Elenco: Mariano Llinás, Ernesto Montequín, Laura Paredes, Nicolás Helft, Pablo Dacal, Milva Leonardi
- Montaxe: Ignacio Codino
- Fotografía: Agustín Mendilaharzu
- Produtora: Laura Citarella, Mariano Llinás, Agustín Mendilaharzu, Alejo Moguillansky, Ezequiel Pierri