Bosque arriba en la montaña
- Repertorio
- VO
Bosque arriba en la montaña
- Cineuropa 2026
- Repertorio
En 2017, Rafael Nahuel, un mozo mapuche, foi asasinado pola Prefectura Naval arxentina na Patagonia. A partir de documentos xudiciais e arquivos oficiais, Sofía Bordenave relaciona o crime coa historia de violencia estatal e desposuimento territorial do pobo mapuche, desde a chamada Conquista do Deserto, no século XIX. O bosque convértese así en testemuña da violencia e espazo de resistencia fronte aos relatos oficiais.
Sofía Bordenave é unha cineasta e avogada arxentina especializada en dereitos humanos. A súa filmografía inclúe o documental La suave noche (2018), codirixido, e Estrella roja (2022), recoñecido co Premio da Crítica Nova á Mellor Ópera Prima no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata. Actualmente finaliza a súa primeira longametraxe de ficción Todos los naufragios del mundo.
- Título orixinal: Bosque arriba en la montaña
- Ano: 2026
- Duración: 91 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Sofía Bordenave
- Guión: Sofía Bordenave e Pablo Weber
- Elenco: Lorena Cañuqueo, Mirta Ñancunao, Joaquín Rapoport
- Montaxe: Pablo Weber
- Fotografía: Ezequiel Salinas
- Produtora: Sofía Bordenave, Clara Massot, Manuel Rapoport