Foco Bruce Elder #2

  • HD
  • VOSE

Foco Bruce Elder #2

  • HD

Sweet Love Remembered (1980, 14 min)

Inspirado en textos de Freud, «Eros non deixa tan claras as súas intencións coma no desexo de facer de dúas cousas unha»; e Nietzsche, «Canto deberon sufrir estas persoas para rematar sendo tan fermosas».

Permutations and Combinations (1976, 8 min)

«Os procedementos aleatorios empregábanse para xerar movemento nos puntos de fusión dos fotogramas. Por esta razón todos os movementos do filme son completamente reversíbeis. Esta reversibilidade exténdese a toda a estrutura do filme, e a película créase como un loop, un contedor pechado de elementos ao azar» (Bruce Elder).

Look! We Have Come Through! (1978, 12 min)

«Unha revelación do proceso de edición, levado a cabo con singular coidado e precisión. A relación entre o movemento do corpo e o da cámara vaise aseméllase en intensidade a unha loita» (Joyce Nelson)

Barbara Is a Vision of Loveliness (1976, 8 min)

A manipulación óptica de ton, figura, liña e movemento xera unha coreografía puramente cinemática. Mellor filme experimental nos Canadian Film Award.

She Is Away (1976, 13 min)

«Evocación da ausencia a través da continuidade elíptica e a repetición de imaxes arquetípicas da soidade» (Ian Birnie)

Trace (1980, 1 min)

Evocación dun serán practicamente perfecto.

Infunde Lumen Cordibus (2004, 22 min)

Pertencente ao novo ciclo creativo de Elder, titulado The Book of Praise (1997-2017), a fita parte dos principios de Stephen Wolfram e o seu traballo científico, para determinar o contido e cor das imaxes, as súas duracións e tempo de aparición, a paleta de efectos e o seu desenvolvemento rítmico. «John Cage ensinounos que a arte debera imitar a natureza na súa manera de operar e tentei aprender a lección» (Bruce Elder)

  • Título orixinal: Foco Bruce Elder #2
  • Duración: 77 minutos
  • Dirección: Bruce Elder