Caballo de viento
- Estrea
- VO
Caballo de viento
- Cineuropa 2017
- Estrea
Aos seus 70 anos, Nando está seriamente enfermo. É o momento crítico que serve de catalizador para un relato biográfico que alterna a crónica do presente coa lembranza do pasado. O retrato cambiante do protagonista, que lembra sen pudor anos de máscaras, procuras e exploracións, vaise perfilando ao longo dunha narración descontinua que transita desde a súa retomada actividade política a raíz do movemento 15-M; ao seu activismo ácrata durante as revoltas estudantís antifranquistas ou, tras o exilio francés, desde as súas etapas de adicción á heroína ao seu actual compromiso coa práctica da meditación budista como ferramenta de transformación persoal e social.
- Título orixinal: Caballo de viento
- Ano: 2017
- Duración: 91 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Moisés Salama
- Guión: Moisés Salama, Alejandro Alvarado, Concha Barquero
- Montaxe: Alejandro Alvarado, Concha Barquero, Moisés Salama
- Fotografía: Alejandro Alvarado
- Produtora: Moisés Salama, Rosa Tapia-Ruano (España)