Escondido (Caché)

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 3 de decembro

Escondido (Caché)

George é o típico burgués: presenta un programa literario en televisión e leva unha vida acomodada coa súa muller e o seu fillo adolescente. Pero, de súpeto, empeza a recibir uns paquetes anónimos que conteñen fitas de vídeo, gravadas desde a rúa, e uns debuxos inquietantes cuxo significado é un misterio. Non saben quen llos envía; pero as secuencias que aparecen nas fitas son a cada pouco máis persoais, o que parece indicar que o remitente o coñece desde hai tempo. George sente unha ameaza aproximarse pero, como non hai evidencias de delito algún, a policía non pode intervir.

  • Título orixinal: Caché
  • Ano: 2005
  • Duración: 117 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Michael Haneke
  • Guión: Michael Haneke
  • Elenco: Daniel Auteuil, Juliette Binoche, Maurice Bénichou, Annie Girardot, Bernard Le Coq, Walid Afkir, Lester Makedonsky, Daniel Duval
  • Montaxe: Michael Hudecek, Nadine Muse
  • Dirección de arte: Christoph Kanter, Emmanuel de Chauvigny
  • Vestiario: Lisy Christl
  • Son: Jean-Paul Mugel, Jean-Pierre Laforce
  • Música: Ralph Rieckermann
  • Fotografía: Christian Berger
  • Produtora: Les Films du Losange, Wega-Film, Bavaria Filmkunst GmbH, BIM Distribuzione (Francia)
  • Distribuidora: A Contracorriente Films
Cannes 2005 (Mellor Filme, Premio FIPRESCI, Premio do Xurado Ecuménico), Premios do Cinema Europeo 2005 (Mellor Filme, Dirección, Actor, Premio FIPRESCI), Festival de Sevilla (Premio Eurimages)