O gabinete do Doutor Caligari

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

O gabinete do Doutor Caligari

  • Repertorio
  • DCP2K

Sentado nun banco dun parque, Francis anima o seu compañeiro Alan para que vaian a Holstenwall, unha cidade do norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor Caligari. Un empregado municipal que lle nega ao doutor o permiso para actuar, aparece asasinado ao día seguinte. Francis e Alan acoden a ver o doutor Caligari e a Cesare, o seu axudante sonámbulo, que lle anuncia a Alan o seu porvir: vivirá até o amencer.

Sesión presentada por Javier Trigales e David Salgado, dous dos coautores do libro "Un viaje por el cine fantástico y de terror. Vol 1" (Applehead Team)

  • Título orixinal: Das Cabinet des Dr. Caligari
  • Ano: 1920
  • Duración: 77 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Robert Wiene
  • Guión: Carl Mayer, Hans Janowitz
  • Elenco: Werner Krauss, Conrad Veidt, Friedrich Fehér, Lil Dagover, Hans Heinrich von Twardowski
  • Dirección de arte: Rochus Gliese
  • Vestiario: Walter Reimann
  • Fotografía: Willy Hameister
  • Produtora: Declar Film (Alemaña)
  • Distribuidora: Classic Films