Carmen Troubles

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Carmen Troubles

  • Estrea
  • DCP2K

A partir da historia da ópera Carmen de Bizet, analizamos a imaxe estereotipada do século XIX, da figura da muller xitana e de como se constituíu e perpetuou o enorme prexuízo que prevalece no imaxinario das sociedades occidentais, e que constitúe unha forma máis ou menos inconsciente de racismo. Ao mesmo tempo, asistimos ao empoderamento das organizacións de mulleres xitanas españolas que colectivamente pretenden defender e cambiar o que segue sendo a visión actual sobre as mulleres xitanas e as súas comunidades. Unha película que cruza a tradición operística e o activismo feminista xitano. 

Presentación e coloquio co director, Vasco Araújo, e a cineasta e catedrática Margarita Ledo Andión. Proxección incluída en Plataforma, Festival de artes performativas de Santiago.

  • Título orixinal: Carmen Troubles
  • Ano: 2022
  • Duración: 52 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Vasco Araújo
  • Guión: Vasco Araújo
  • Elenco: Ana María Segovia Montoya, Beatriz Carillo, Julia Manzano, Pastora Filigrana, Pilar Tavora
  • Montaxe: Vasco Araújo
  • Dirección de arte: Vasco Araújo
  • Son: Miguel Ángel
  • Fotografía: Joao Pedro Plácido
  • Produtora: C.R.I.M. Produções Audiovisuais