Carta branca Elena Duque: Sharazan
- Repertorio
- VO
Carta branca Elena Duque: Sharazan
- Repertorio
Para a celebración do 11º Aniversario da cooperativa NUMAX convidamos a cineasta Elena Duque a programar e presentar unha sesión de curtametraxes dirixidas a todas as idades que leva por título "Sharazan" e cuxa temática común será o mar. O acceso á sesión será libre até completar aforo, coas seguintes curtas programadas:
La mar salada (Elena Duque, 2014, 3 min)
Filme sobre a mar salgada (galega e sobre todo coruñesa), con popurrí de cancións mariñeiras (asturianas) da Coral Bajamar de Luanco recordadas ao voo.
Il Gattopardo (Nuria Cubas, 2022, 16 min)
Dez anos de relación, moitas viaxes a Sicilia, un fillo. De que tes medo?
El farero de Sálvora (Gloria Vilches, 2017, 11 min)
En 1980, Julio Vilches chegou á illa de Sálvora, situada na boca da Ría de Arousa, para traballar como fareiro, un oficio que continuaría desempeñando durante 37 anos, até a recente automatización do faro. Acompañan o relato oral de Julio, imaxes amateur da illa e o faro filmadas en Súper8.
Persona (Gloria Vilches, Lorena Álvarez, 2019, 3 min)
"Cando a miña amiga Lorena Álvarez me ensinou a canción titulada "Persona" (Colección de canciones sencillas, 2019) ocorréusenos aproveitar que iamos de viaxe visitar o meu tío Julio a Sálvora para filmar un videoclip en super8, porque na illa había de todo o que se nomeaba na canción: animais con patas, rabo e plumas, unha figueira, pedras... (faltábanos o oso pero xa apañariamos algo)." (Gloria Vilches)
Time Flies (Robert Breer, 1997, 5 min)
Fotografías mesturadas con debuxos e relampos de cor, observando e rememorando acontecementos cotiás.
Shorelines (Al Jarnow, 1977, 3 min)
Mediante a animación stop-motion, Al Jarnow logra crear a ilusión hipnótica e vertixinosa de diferentes elementos do mar (cunchas, pedras...) en constante mutación. A obra transmite a palpitación do océano, a súa riqueza e beleza. Á súa vez, a sensualidade do son fica pegada ao corpo como un longo día de praia.
Four Diamonds (Ute Aurand, 2016, 5 min)
Dúas lembranzas dunha longa viaxe a Nova Inglaterra en outono de 2012: Un grupo de señoras maiores xogando ao bridge seguido dunha treboada no océano en Cabo Cod en inverno mentres se escoita a música de Etienne Grenier.
La petite fille (Pascal Auger, 1978, 8 min)
Mentres toca na plaia, unha nena pequena interpreta música de percusión ao estilo africano batendo dúas pedras sobre catro pezas de madeira colocadas entre as pernas da moza instrumentista.
- Título orixinal: Carta branca Elena Duque: Sharazan
- Duración: 60 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas