Casa do silencio
- Estrea
- DCP2K
- VO
Casa do silencio
- Foco Jon Jost
- Estrea
- DCP2K
En 2022 o realizador estadounidense Jon Jost recibe un convite do cineasta venezolano de ascendencia galega Diego Salomon para visitalo á súa casa familiar en Galicia. Tras pasar tres semanas no rural galego Jost atopa unha historia derivada dos tabús familiares dunha familia galega emigrada a Venezuela.
"Un retrato cinematográfico dunha pequena parte de Galicia con cantantes, poetas, paisaxes e xente do común que tenta chegar ao espírito deste lugar. Como sucede na poesía, é oblicuo, indirecto e alude a historias que non podemos contarnos a nós mesmos" (Jon Jost)
O pase do sábado 2 de novembro contará con presentación e coloquio de Jon Jost | Colabora aCentral Folque
- Título orixinal: Casa do silencio
- Ano: 2023
- Duración: 76 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Jon Jost
- Guión: Jon Jost
- Participación: Quico Cadaval, Paula Ballesteros, Ismael Ramos, Ugia Pedreira, Antón Lopo, Xiana Arias, José Vázquez Mato (Pepe), Maruja Parcero
- Música: Ugia Pedreira, Gabi Reboredo, Carme da Pontragha, Felisa Segade, Pablo Castaño, Iván Vilela, Berio Molina, Álvaro Peña, Ariel Ninas, Ramón Almuinha
- Produtora: aCentral Folque
- Distribuidora: aCentral Folque