Ignoti alla città | La canta delle marane | Postal | Felice Natale
- Repertorio
- DCP2K
- VO
Ignoti alla città | La canta delle marane | Postal | Felice Natale
- MICE 2024
- Repertorio
- DCP2K
Ignoti alla città
Cecilia Mangini | 1958 | 11 min | Italia | VOSG
O debut de Mangini cun texto de Pasolini que aínda era só escritor. Unha obra retirada pola censura que retrata horizontalmente as pésimas condicións de vida, pero tamén a vitalidade animal, dos mozos da “borgate” romana, vilas marxinais e pobres.
La canta delle marane
Cecilia Mangini | 1962 | 11 min | Italia | VOSG
Unha sensual e vitalista visión sen eufemismos da rapazada dos suburbios romanos e o seu pasatempo de verán, bañarse nas charcas. Con comentarios de Pier Paolo Pasolini.
Postal
Carolina Astudillo | 2023 | 7 min | España | VO
As palmeiras desta tarxeta son unha ilusión, tamén a area rosa. Esta frase, tomada dun poema de Margaret Atwood, ilumina o camiño trazado en Postal. A medida que pasan os anos, as paisaxes transfórmanse, resignifícanse e hai alegrías que nunca volverán recuperarse. O mar e a praia que algunha vez foron os escenarios de veráns felices, amores e encontros, convertiranse en campos de concentración ou centros de detención e tortura. Ocorre en distintas épocas e lugares. Nesta peza emprendo un percorrido por algunhas das miñas obras que exploran a relación entre o testemuño, os espazos e o tempo, entablando un diálogo coa fermosa película filmada por Alejandro Segovia en 1972.
Felice Natale
Cecilia Mangini | 1964 | 13 min | Italia | VOSG
A aguda mirada de Cecilia Mangini, unha das maiores expoñentes do documental italiano, lánzase á refrega do Nadal, acumulando o caos de estímulos confusos que fan conexións e fracturas incomprensibles entre o sagrado e o profano, entre o Neno Xesús e as galiñas desplumadas.
- Título orixinal: Ignoti alla città | La canta delle marane | Postal | Felice Natale
- Duración: 52 minutos
- Idioma orixinal: Italiano
- Dirección: Carolina Astudillo | Cecilia Mangini