Cineuropa 2018 - Os fillos da vide

  • Estrea
  • VO

Cineuropa 2018 - Os fillos da vide

Regresando ás súas raíces, Ana Domínguez adéntrase nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións, os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e as tradicións en perigo de extinción, mediante as paisaxes e de quen as habita, debuxan esta mirada na que etnografía e emoción se funden nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida.

  • Título orixinal: Os fillos da vide
  • Ano: 2017
  • Duración: 69 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Ana Domínguez.
  • Guión: Ana Domínguez.
  • Montaxe: Ana Domínguez, Ángel Rueda
  • Fotografía: Ángel Rueda