Cineuropa 2019 - Cold Case Hammarskjöld
- Estrea
 - DCP2K
 - VOSE
 
Cineuropa 2019 - Cold Case Hammarskjöld
- LUX Film Days 2019
 - Estrea
 - DCP2K
 
En 1961, o secretario xeral das Nacións Unidas, o sueco Dag Hammarskjöld, morreu nun misterioso accidente de avión en Ndola, Zambia. Vestido como un auténtico explorador e lucindo un casco de safari, o director Mads Brügger convértese en investigador para descubrir a verdade sobre aquela estraña morte. Entre teorías conspiratorias e segredos, o cineasta e o investigador afeccionado Göran Björkdahl están decididos a atopar novas pistas sobre que causou aquel fatídico accidente aéreo. Coa imaxe de si mesmos como homes coloniais que ocupan o continente africano, esta investigación criminal levaraos a atopar e descubrir novas e desconcertantes pegadas do colonialismo: crimes moito peores dos que poderían imaxinar.
- Título orixinal: Cold Case Hammarskjöld
 - Ano: 2019
 - Duración: 128 minutos
 - Idioma orixinal: Inglés, francés, bemba, sueco e danés
 - Dirección: Mads Brügger
 - Guión: Mads Brügger
 - Participación: Mads Brügger, Göran Björkdahl, Dag Hammarskjöld
 - Montaxe: Nicolás Nørgaard Staffolani
 - Música: John Erik Kaada
 - Distribuidora: Magnolia Pictures