Covas de Valdeorras

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Covas de Valdeorras

  • Estrea
  • DCP2K

Valdeorras é unha comarca vitivinícola situada na fronteira física e climática de Galicia. Con invernos fríos e veráns moi cálidos, a conservación do viño era un reto que a terra e o enxeño axudaron a resolver. Este documental ofrece un relato coral sobre a historia, uso e tipos de covas que se poden atopar na comarca, deténdose no significado emocional destes espazos para os seus actuais propietarios. Covas de Valdeorras é a oportunidade de visitar esta herdanza histórica da man dos protagonistas do seu presente.

  • Título orixinal: Covas de Valdeorras
  • Ano: 2023
  • Duración: 26 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Cristina de la Torre
  • Participación: Antón Rodríguez, Joaquín Sánchez, Carina Rodríguez, Sonia Prada, Marta Sertaje, Avelino Seoane, Cecilia Fernández, José Román Rodríguez, Francisco Núñez, Araceli Fernández, Xurxo González, Simón Val, Soledad Figueroa, Rogelio Moral
  • Montaxe: Cristina de la Torre
  • Fotografía: Pío Cribeiro
  • Produtora: Ruta do Viño de Valdeorras