Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO
Pase gratuíto | Xoves 19 de xuño

Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia

  • Estrea
  • DCP2K

'Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia' é un documental que viaxa a través das máis de sete décadas de historia da Editorial Galaxia para reflexionar e compartir a historia e os valores dunha das institucións culturais máis emblemáticas do noso país.

Fundada en 1950, nun contexto de posguerra e de represión, a Editorial Galaxia nace desde a vontade de dignificar a lingua galega e manter con vida o legado da nosa cultura. Desde ese esforzo de crear porvir, convertémonos en testemuñas de como Galaxia impulsa a cultura galega desde un concepto amplo e científico, promove a renovación e modernización da nosa literatura e profesionaliza a editorial mentres continúa abrindo camiños de innovación.

  • Título orixinal: Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia
  • Ano: 2025
  • Duración: 52 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Ana Viqueira, Diego Frey
  • Guión: Ana Viqueira, Diego Frey
  • Participación: Patricia Arias Chachero, Xosé Manuel Soutullo, Tamara Andrés, Marcos Calveiro, Antía Yáñez, Xesús Alonso Montero, Malores Villanueva, Antón Vidal Andión, María López Sández, Víctor F. Freixanes, Dolores Vilavedra, Henrique Monteagudo, Uxía Senlle, Ramón V
  • Montaxe: Diego Frey, Martín Rodríguez
  • Produtora: Nós Televisión, Editorial Galaxia