+Cuñados

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO
Estrea 19 de abril

+Cuñados

  • Estrea
  • DCP2K

Un cadáver aparece xusto no medio da ponte internacional de Tui. Uns días antes... ​

O Entroido chegou e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do botín que caeu do ceo. Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun membro máis da familia. Un cuñado máis. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que acabará cun cadáver no medio da ponte internacional de Tui. E que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

  • Título orixinal: +Cuñados
  • Ano: 2024
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Luis Avilés
  • Guión: Araceli Gonda
  • Elenco: Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal
  • Montaxe: Lu Rodríguez
  • Dirección de arte: Andrea Pozo
  • Vestiario: Saturna
  • Son: Juan Gay
  • Música: Santi Jul, Iván Laxe
  • Fotografía: Sergio Franco
  • Distribuidora: Baños Films