Curtocircuíto 2020: Explora 2

  • Estrea
  • VOSE

Curtocircuíto 2020: Explora 2

Collapsing Mies
Claudia Larcher | 2020 | 07:00 | Austria | ANI, EXP | COR
Dúas fotografías bidimensionais de obxectos tridimensionais reconvértense virtualmente en espazos 3-D artificiais, ademais de estratificarse e superpoñerse entre elas. Deste xeito, a artista reproduce unha complexa estrutura espacial con múltiples perspectivas, creando ao mesmo tempo un movemento abstracto minimalista.

There must be some kind of way out of here
Rainer Kohlberger | 2020 | 13:00 | Alemaña | EXP | COR
As catástrofes repítense incansablemente no cine de Hollywood. O cine de catástrofes é un xénero que alude á psique colectiva de cada respectiva época histórica. A perspectiva dun anhelo posmoderno de momentos de destrución espectacular, que interrompe brevemente a aburrida monotonía do consumismo capitalista tardío, mostra o contraditoria que é a cultura popular posmoderna…

APIYEMIYEKÎ?
Ana Vaz | 2019 | 28:00 | Brasil, Francia, Portugal, Países Baixos | EXP, DOC | COR, B&N
Un arquivo de debuxos realizados polos Waimiri-Atroari durante a súa primeira experiencia de alfabetización constrúe unha memoria visual colectiva do seu proceso de aprendizaxe, perspectiva e territorio ao tempo que documenta o seu encontro co “home civilizado”.

Untitled
Takashi Makino | 2020 | 20:30 | Xapón, Australia, Taiwán |EXP |COR, B&N
Untitled (Sen título) é unha película collage que combina a imaxe e o son de Takashi Makino, a música de Lawrence English e o texto de escritura automática de Esperanza Collado, producidos entre marzo e xuño de 2020, cando o primer ataque do coronavirus sacudiu o mundo.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2020: Explora 2
  • Idioma orixinal: Varios idiomas