Delincuente

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP
  • VO
  • VO Pase único | Presentación a cargo do equipo do filme

Máis sesións

Delincuente

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP

A través do recordo de La Maradona —a líder dunha banda de delincuencia xuvenil viguesa dos anos 80—, Nuria Vil constrúe un universo poético no que mestura o imaxinario do cine quinqui coa historia obreira da cidade de Vigo para achegar ao presente algunhas referentes da literatura galega contemporánea e unha vindicación potente do colectivo LGBTIAQ+. Esta peza, dirixida por Alba Domínguez, aúna as imaxes en super 8 do arquivo de Manoel da Costa que retratan o Vigo dos 80 coa ficción filmada nos arredores de Vigo, Nigrán e no histórico autobús Cometa de 1968 cedido por Vitrasa.

A sesión contará con presentación e coloquio.

  • Título orixinal: Delincuente
  • Ano: 2024
  • Duración: 12 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Alba Domínguez (texto de Nuria Vil)
  • Guión: Alba Domínguez, Nuria Vilán
  • Montaxe: Alba Domínguez
  • Dirección de arte: Antía Carreira
  • Música: MorlitaM
  • Fotografía: Alba Domínguez
  • Produtora: Nuria Vilán
Intersección 2024 (Premio do Xurado Novo; Premio MAV); Bolsa Ensaia