Cineuropa 2021 - Diários de Otsoga

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Cineuropa 2021 - Diários de Otsoga

Crista, Carloto e João están a construír un aireado invernadoiro para bolboretas no xardín. Os tres comparten rutinas do fogar, día tras día… E non son os únicos.

Maureen Fazendeiro (Francia, 1989) estudou literatura, arte e cinema na Universidade París VII. Os seus filmes Motu Maeva (2014) e Sol Negro (2019) pasaron por festivais como FID Marseille, Toronto, Mar Del Plata, Viennale, Valdivia, DocLisboa, Vila do Conde e Sevilla.

Miguel Gomes (Lisboa, Portugal, 1972) é unha das voces máis salientables do cinema portugués deste século. Dirixiu numerosas curtas e debutou coa longa A cara que mereces (2004). Foi recoñecido internacionalmente por Aquele Querido Mês de Agosto (2008). Desde entón estreou Tabú (2012), os tres volumes de As mil e uma noites (filme co que recibiu o seu premio Cineuropa en 2015) e Selvajaria (2020). 

  • Título orixinal: Diários de Otsoga
  • Ano: 2021
  • Duración: 102 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Maureen Fazendeiro, Miguel Gomes
  • Guión: Maureen Fazendeiro, Miguel Gomes, Mariana Ricardo
  • Elenco: Crista Alfaiate, Carloto Cotta, João Nunes Monteiro
  • Montaxe: Pedro Filipe Marques
  • Fotografía: Mário Castanheira