Esta chuvia nunca vai cesar

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Esta chuvia nunca vai cesar

Despois de fuxir da guerra de Siria, a familia Suleyman espallouse por Europa. Lazgin vive coa súa familia en Ucraína, o seu irmán Koshnhav está en Alemaña, un terceiro irmán está no Irak kurdo e un cuarto ficou en Siria. Esta chuvia nunca vai cesar céntrase no fillo de Lazgin, Andriy, voluntario da Cruz Vermella que lidia con outro conflito militar, esta vez en Ucraína.

Profética peza sobre os horrores da guerra filmada en 2020 por Alina Gorlova, que vive actualmente baixo o asedio a Kiev.

  • Título orixinal: This Rain Will Never Stop
  • Ano: 2020
  • Duración: 102 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Alina Gorlova
  • Guión: Alina Gorlova, Maksim Nakonechnyi
  • Participación: Andriy Lazgin Suleiman, Lazgin Khalil Suleiman, Mezgin Khalil Suleiman, Payman Mezgin Suleiman, Malva Mezgin Suleiman, Khoshnav Suleiman, Liudmila Arkhipova
  • Montaxe: Alina Gorlova, Simon Mozgovyi, Olha Zhurba
  • Son: Vasyl Yavtushenko
  • Música: Goran Gora, Serge Synthkey
  • Fotografía: Viacheslav Tsvetkov
  • Produtora: Avantis Promo, Bulldog Agenda, Tabor Productions, Ukrainian State Film Agency (Ucraína)
  • Distribuidora: Vitrine