Estaba na casa, pero...

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSG

Estaba na casa, pero...

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

Astrid vive en Berlín canda os seus dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia. Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet. O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe de casa...

A directora alemá Angela Schanelec fai gala do seu estilo elíptico e un elegante sentido do humor para crear o retrato indeleble dunha pequena comunidade que se enfronta aos interrogantes fundamentais da existencia.

  • Título orixinal: Ich war zuhause, aber
  • Ano: 2019
  • Duración: 105 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Angela Schanelec
  • Guión: Angela Schanelec
  • Elenco: Maren Eggert, Jakob Lassalle, Clara Möller, Franz Rogowski, Lilith Strangenberg, Alan Williams, Jirka Zett, Dane Komljen
  • Montaxe: Angela Schanelec
  • Dirección de arte: N Stefan Nickel
  • Vestiario: Birgitt Kilian
  • Son: Andreas Mücke-Niesytk
  • Fotografía: Ivan Markovic
  • Produtora: Nachmittagfilm, Dart Film & Video Doo (Alemaña-Serbia)
  • Distribuidora: NUMAX Distribución
Berlinale 2019 (Oso de Prata a Mellor Dirección), Donostia 2019 (Mellor Filme Zabaltegi-Tabakalera), Mar del Plata 2019 (Astor de Prata a Mellor Dirección), Toronto 2019 (Sección Oficial), Nova York 2019 (Sección Oficial)