Fellini dos espíritos

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE
Estrea 29 de xaneiro

Fellini dos espíritos

Película documental que conta, por primeira vez, "o mundo invisible", espiritual e sobrenatural de Federico Fellini a través de extraordinarios materiais de arquivo inédito, imaxes dos seus filmes e entrevistas exclusivas.

Profundamente namorado da vida, Fellini viviu a súa mentres buscaba constantemente o seu significado. Con motivo do centenario do seu nacemento (20 de xaneiro do 1920), este documental investiga en profundidade a súa paixón polo que el definiu como "misterio" -o esotérico e o mundo invisible- na súa inesgotable procura de outras posibilidades, outras dimensións, outras viaxes; e de todo o que alimenta o voo do espírito e a mente. Estes temas, que impregnan a súa filmografía, foron obxecto da súa investigación persoal.

  • Título orixinal: Fellini degli spiriti
  • Ano: 2020
  • Duración: 100 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Anselma Dell'Olio
  • Participación: Filippo Ascione, Damien Chazelle, Damien Chazelle, William Friedkin, William Friedkin, Andrea Minuz, Andrea Minuz, Fiammeta Profili, Fiammeta Profili, Aldo Tassone, Aldo Tassone, Sergio Zavoli, Sergio Zavoli
  • Montaxe: Stuart Mabey
  • Son: Stuart Mabey
  • Música: Antonio Fresa
  • Fotografía: Daniele Botteselle
  • Produtora: Mad Entertainment, RAI Cinema, Walking The Dog, Direzione Generale per il Cinema
  • Distribuidora: a contracorriente
Cannes 2020 (Sección Oficial), SEMINCI 2020