Vonarstræti (Life in a Fishbowl) / A vida nun acuario
- Estrea
- HD
- VOSE
Vonarstræti (Life in a Fishbowl) / A vida nun acuario
- Cineuropa 2017
- Estrea
- HD
Un retrato coral sobre tres persoas á deriva en Reikjavik durante a crise ecónomica de 2008. A segunda película de Baldvin Zophoníasson segue a Eik, a nai dun neno diabético que traballa como mestra nunha gardería de día, e como prostituta durante a noite. Axiña coñece a Mori, un escritor alcólico que vive na casa que Solvi, unha antiga estrela de fútbol e agora banqueiro, desexa adquirir para así continuar coa construción dun centro de desenvolvemento. Aínda que o deseño dos personaxes é esquemático (a prostituta con corazón de ouro, o escritor cínico e amargado e o banqueiro honesto), o director, xunto ao seu co-guionista e aos actores protagonistas, dálles matices e detalles que lles axudan a agregar máis profundidade. Con certas débedas aos filmes de Robert Altman como Short Cuts, ou de Paul Thomas Anderson (Magnolia), esta película volveuse un dos éxitos máis importantes do cinema islandés, e destacouse por enriba de varios blockbusters hollywoodenses, quizais por enfocarse nun dos sucesos que máis afectaron na vida dos seus habitantes nos últimos anos.
- Título orixinal: Vonarstræti
- Ano: 2014
- Duración: 130 minutos
- Idioma orixinal: Islándés
- Dirección: Baldvin Zophoníasson
- Guión: Birgir Örn Steinarsson, Baldvin Zophoníasson
- Elenco: Hera Hilmar, Thor Kristjansson, Ingvar Þórðarson, Sveinn Ólafur Gunnarsson, Þorsteinn Bachmann, Laufey Elíasdóttir, Birgir Örn Steinarsson, Birgitta Sigursteinsdóttir, Markus Reymann
- Música: Ólafur Arnalds
- Fotografía: Jóhann Máni Jóhannsson
- Produtora: The Icelandic Film Company (Islandia)