O bosque de Haquivaqui

  • Estrea
  • DCP2K
  • +4
  • VE

O bosque de Haquivaqui

Claus, un rato moi trasto, e os seus amigos teñen medo do raposo Marvin e os demais depredadores que sempre os perseguen para tentar comelos. Pero o que realmente lles esgota a paciencia é que un bo día o ourizo Horacio tenta comer á súa avoa. É entón cando Morten, o rato máis sensato do bosque, chega á conclusión de que chegou o momento de redactar unha nova lei para o bosque, para que todos os habitantes sexan amigos e ninguén poida comer a ninguén. Pero o problema é que Marvin, o rapaso, segue famento.

  • Título orixinal: Dyrene i Hakkebakkeskogen
  • Ano: 2016
  • Duración: 75 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Rasmus A. Sivertsen
  • Guión: Karsten Fullu
  • Dirección de arte: Pedri Animation
  • Son: Baard H. Ingebretsen
  • Música: Gaute Storaas
  • Produtora: Qvisten Animation, Steamheads Studios (Noruega)
  • Distribuidora: Pack Màgic
Amanda Awards 2017 (Mellor Filme Infantil), Shanghai 2017 (Sección Oficial)