Intersección | Judith Adataberna

  • DCP2K
  • VO

Intersección | Judith Adataberna

LUNS 18 DE ABRIL
Sesión dedicada á obra de Judith Adataberna, galardoada co Premio Numax Exhibición no Festival Intersección 2020.  Presentación e coloquio coa directora.

PARPADEO
Judith Adataberna | 2018 | 03:52 | EXPERIMENTAL | COR
Baixo as problemáticas da aceleración de vida nas sociedades turbocapitalistas, "Parpadeo" preséntase coma un experimento fílmico que xoga desafiando o límite de consciencia visual. A absorción e o efecto do bombardeo de imaxes ao que estamos acostumadas desconfigúrase coma unha melodía chea de necesidades. Desde esta perspectiva, dous espazos opostos, cidade e natureza, dialogan interpelando nunha reflexión sobre o hábitat.

GLIMPSES IN THE DEVIL`S EYE
Judith Adataberna | 2019 | 16:22 | EXPERIMENTAL | COR
Pregúntome que haberá dentro do ollo do diaño, un calidoscopio xira dentro da pupila maligna. O mundo descortízase, esa é a imaxe mais real que chego a ver a miña vista. Desde a aceleración das partículas ata a ameaza de ser devorada por outro, pregúntome cando se orixinou "o mal."

EL ESPECTRORIUM
Judith Adataberna | 2017 | 13:00 | EXPERIMENTAL | COR
"El espectrorium" é unha viaxe en dúas fases a través do reino dos sentidos. O cuestionamento do real comeza sobre os límites do noso espectro visible. Unha mirada animal escala ao insecto avanzando por un sistema floral de cores suadas.Entre o ultravioleta e o infravermello coexisten as regras dun hábitat cuxa atracción pola luz se manifesta coma a razón de estar vivo. Só nese mundo de salvaxes formas, luz e escuridade suxiren un intermedio onde reinan todos os espectros e as fantasías primeiras.

INSIDE THE MICROTUBE
Judith Adataberna | 2021 | 10:50 | EXPERIMENTAL | COR
En pleno temporal de neve atópome perdida pola montaña. Nese acto de busca, camiñar e recordar semellan o mesmo canto a voz da miña avoa parece emerxer de entre as sombras. Un sen fin de trazados neuronais inscriben un mapa de estradas en tanto o tremor da lanterna descobre o patrón da tormenta. Non paro de pensar que o camiño acaba definindo arquitecturas sutís en nós, e márcanos de por vida.

PÁJAROS - COLABORACIÓN CON CRUHDA
Judith Adataberna | 2022 | 06:30 | VJ | COR
Un vertedoiro descobre os infortunios distópicos do ecosistema. Un canto morno e doloroso difunde unha verdade máis triste: un sen fin de paxaros de diversas especies parece ter descuberto en este ermo, o seu fogar e o seu sustento. Entre os plásticos de cores e xofre unha danza de voitres, xílgaros e cegoñas abren esta peza documental acompañando a marabillosa voz da artista musical Cruhda.

PATAPOLLO - RUBEARTH FASHION FILM
Judith Adataberna | 2022 | 02:30 | FILM DE MODA | COR
Patapollo é o nome da última colección do deseñador galego Rubearth (Gabriel Nogueiras), gañador de la Mercedes Benz Fashion Talent 2022. "Un viajero perdido ya no distingue ilusión de realidad, y entre las sombras y nieblas aparecen motivos de otro mundo". Baixo esta premisa Adataberna volve a crear esta colaboración audiovisual con Rubearth, onde o realismo máxico inunda a idea das sensacións  sinestésicas  ou os espellismos da viaxe que acompañan ao público abraiado polas cores que nunca antes vira, formas inimaxinables e estampados salvaxes procedentes da natureza nunha visión 360º.

  • Título orixinal: Intersección | Judith Adataberna
  • Duración: 53 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Judith Adataberna
Intersección 2020 (Premio NUMAX Exhibición)