Jacinto

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16
  • VG
Proximamente

Jacinto

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16
  • VG

Jacinto é un rapaz de nove anos encerrado no corpo dun home de preto de cincuenta. Vive cos seus anciáns pais en Mallou, unha vila en ruínas no medo dos montes de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo muda coa chegada dunha parella de veciñas: Alex e Ana, dúas escuras artistas black metaleras chegadas da Suecia na procura dun lugar tranquilo no que gravar un novo disco da súa banda "Tardigrades". Os mundos de ambas familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en darse os primeiros roces e problemas. Jacinto ten moi claro que Mallou é demasiado pequeno para os cinco. Igual que nas películas, ten que elaborar un plan para facer desaparecer ás acabadas de chegar e traer a paz á súa familia.

  • Título orixinal: Jacinto
  • Ano: 2021
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Javi Camino
  • Guión: Javi Camino
  • Elenco: Pedro Brandariz, Anxela Baltar, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón, Corinna Rautenberg
  • Montaxe: Javi Camino , Alba Gallego
  • Dirección de arte: Samuel Lema
  • Vestiario: Lorena Calvo
  • Son: David Lagares, Oscar de Ávila, José Tomé
  • Música: Wenceslao Lamas Lopez
  • Fotografía: Fran Arnoso
  • Produtora: Vizuals Lab
  • Distribuidora: One Eyed Films
Sitges 2021 (Presentación do filme)