La Joia: Bad Gyal
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VO
La Joia: Bad Gyal
- Estrea
- DCP2K
- +12
As interioridades do vertixinoso ascenso de Bad Gyal como icona xeracional. A cámara segue —de Barcelona a Miami, vía Santo Domingo, Las Vegas, Milán e París— os pasos da cantante de Vilassar de Mar no seu camiño á conquista do mainstream. A saída do seu primeiro disco, La Joia, pospúxose máis dun ano, obrigándoa a facer un exercicio de resiliencia dentro da industria e consigo mesma. Entre os primeiros beats e a época dos concertos de presentación, asistimos a rodaxes, fashion weeks, entrevistas, squats, ledicias, enfados, a presión das redes e o marketing en acción. Luces e sombras da viaxe emocional dunha diva descarada e consciente das trampas do negocio, loitando por manter o rumbo e pulirse como un diamante.
Este filme conta cunha tarifa especial de 9€ fixada pola produtora. As abonadas de NUMAX manterán o seu desconto habitual.
- Título orixinal: La Joia: Bad Gyal
- Ano: 2024
- Duración: 92 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: David Camarero
- Guión: Laura Herrero
- Participación: Bad Gyal, Alba Farelo, Young Miko, Tokischa, Nicki Nicole, Myke Towers, Karol G, Anitta, Ozuna
- Son: Iosu Martínez
- Fotografía: Sandra Fortmatger
- Produtora: Vampire (España)
- Distribuidora: Avalon