Kiro
- Estrea
- DCP2K
- VO
Kiro
- Estrea
- DCP2K
Ana Kiro foi a icona da diáspora galega. Despois de emigrar a Barcelona e entrar na escena musical coa disqueira Belter, empezou a cantar en galego en 1976, vendendo máis de cen mil copias do seu éxito Galicia, Terra Meiga. Ata a súa morte en 2010, Kiro converteuse nunha diva popular nos oitenta e noventa, percorrendo Galicia e actuando por Europa e América Latina. Kiro é unha celebración da súa figura e da súa relación especial co público. Un fenómeno cultural que explica unha sociedade enteira, cos seus defectos e contradicións. Unha película sobre o poder emocional da "música lixeira" nunha cultura minorizada e marcada pola emigración.
- Título orixinal: Kiro
- Ano: 2026
- Duración: 82 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: María Yáñez Anllo
- Guión: María Yáñez, Cibrán Tenreiro, María Villamarín
- Participación: Carmen Quiroga, Carlos Rivero, Xosé Ramón Gayoso
- Montaxe: Carlos Prieto
- Dirección de arte: Uxía Vaello
- Vestiario: Uxía Vaello
- Son: Alba Pego
- Música: Ana Kiro
- Fotografía: Alicia Francés
- Produtora: Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre
- Distribuidora: Baños Films