La Barraca de Lorca, xira por Galicia

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

La Barraca de Lorca, xira por Galicia

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

En 1932, a mítica compañía teatral La Barraca, dirixida por Federico García Lorca, emprendía unha xira por vilas e cidades de toda a Península que incluía numerosas poboacións galegas. Para dar conta do seu traballo, un noticieiro republicano acompañounos na xira, recollendo imaxes de indubidable valor histórico a cargo de Gonzalo Menéndez-Pidal. A fita, de 12 minutos de duración, inclúe o propio Lorca paseando por Vigo ou a montaxe dun escenario en plena Praza da Quintana compostelá.

Co gallo da celebración do Día de Lorca en Galicia o vindeiro luns 25 de outubro ás 20:45 proxectarase o filme por vez primeira en Santiago. O acto contará con presentación e coloquio a cargo das dúas persoas que identificaron as imaxes, o editor Henrique Alvarellos e o fotohistoriador Carlos Castelao. No acto tamén intervirá Mercedes Rosón en representación da Concellaría de Acción Cultural e Igualdade, entidade que apoia o evento. A copia procede da Filmoteca da Generalitat Valenciana.

O pase é gratuíto até completar aforo, podéndose reservar praza na nosa web ou billeteira cun máximo de 2 entradas por persoa.

  • Título orixinal: La Barraca de Lorca, gira por Galicia
  • Ano: 1932
  • Duración: 12 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Participación: Federico Garía Lorca