La estafa del amor

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

La estafa del amor

Un grupo de persoas, un tema para debater —a detención dun sedutor profesional— e a cámara sempre vixiante de Virginia García del Pino. La estafa del amor é a suma deses tres elementos, unha película en directo na que a premisa inicial permite lanzar unha reflexión colectiva sobre namoramentos, romanticismos e demais arestas do corazón humano. Rodado ao longo de dúas fins de semana na Cineteca de Madrid, o filme actualiza e reformula a Enquisa sobre o amor de Pasolini para abordar as relacións na era de Tinder e Instagram nun cruzamento de socioloxía, antropoloxía e cinema articulado arredor da figura dese sedutor.

 

Virginia García del Pino (Barcelona). Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, alternou o seu traballo en cinema con formatos como a performance ou a videocreación. A súa filmografía —que percorreu festivais como os de San Sebastián, FID Marsella, MiradasDoc, FIC Valdivia ou Mar do Prata, entre outros—, inclúe as curtas Mi hermana y yo (2009), Improvisaciones de una ardilla (2017) e Respirar, correr, mirar (2019), a mediometraxe Sí, señora (2012) e as longas El jurado (2012), Basilio Martín Patino. La décima carta (2014) e La estafa del amor (2023).

  • Título orixinal: La estafa del amor
  • Ano: 2023
  • Duración: 75 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Virginia García del Pino
  • Guión: Virginia García del Pino
  • Montaxe: Ariadna Ribas
  • Fotografía: Giuseppe Truppi
  • Produtora: Mario Madueño, Fernando Franco, Jorge Caballero