La última tierra
- Estrea
- VO
La última tierra
- Cineuropa 2016
- Estrea
Nunha pequena casa dun cerro illado, unha parella de anciáns vive en soidade. Ela está a morrer, el acompáñaa e asístea na súa agonía. Despois da morte, el continúa ocupándose dela, executando á súa maneira os ritos de despedida: lava o seu corpo e a súa roupa, cava a tumba, e cara ao final do día, entérraa. Todo un cerimonial que trae o eco daquelas antigas culturas nas que os familiares se encargaban persoalmente dos seus mortos. Todo discorre lenta, asceticamente, con tomas longas e unha estética que fai pensar no cinema de Lisandro Alonso ou Carlos Reygadas. Non hai diálogos, pero si unha coidadísima atmosfera sonora, traballada polo mesmo director.
- Título orixinal: La última tierra
- Ano: 2016
- Duración: 77 minutos
- Dirección: Pablo Lamar
- Guión: Pablo Lamar
- Elenco: Ramón del Río, Vera Valdez
- Montaxe: Felipe Galvez
- Fotografía: Paolo Girón
- Produtora: Sapukai Cine (Paraguay), Fortuna Films (Holanda), Cinestación (Qatar)