Little Crusader

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Little Crusader

O pequeno Janik,  fillo dun cabaleiro, pon unha armadura para nenos e sae á aventura, aproveitando que seu pai dorme profundamente. O pai, un cabaleiro cuxos anos guerreiros quedaron atrás hai tempo, emprende inmediatamente a misión de encontrar a Janik e traelo de volta a casa. Só ten un retrato bordado de Janik, co que vai preguntando aos descoñecidos cos que se cruza. A súa misión é imposíbel de cumprir nun mundo no que os pobos veciños están tan lonxe como os planetas.

Ciclo organizado pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia en colaboración co Sevilla Festival de Cine Europeo.

  • Título orixinal: Krizácek
  • Ano: 2017
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Checo
  • Dirección: Václav Kadrnka
  • Guión: Václav Kadrnka, Vojtech Masek, Jirí Soukup, Jaroslav Vrchlický
  • Elenco: Karel Roden, Ales Bilík, Matous John, Jana Semerádová, Jirí Soukup
  • Montaxe: Pavel Kolaja
  • Vestiario: Katarina Bielikova
  • Son: Jan Cenek, Michael Mícek, Andrea Veselková
  • Música: Vojtech Havel, Irena Havlová
  • Fotografía: Jan Baset Stritezsky
  • Produtora: Artileria, Sirius Films (Repúlica Checa)
  • Distribuidora: Václav Kadrnka
Karlovy Vary 2017 (Mellor filme), Sevilla 2017 (Sección oficial)