Los paisajes
- Estrea
- DCP2K
- VO
Los paisajes
- Cineuropa 2023
- Estrea
- DCP2K
O frío inverno atopa a poeta ucraína Tamara Zhurba prostrada nunha aldea perdida no medio da selva abafante. Valentyna, a súa única filla, ocúpase dela e dos poucos animais dunha pequena granxa, mentres debuxa as súas lembranzas en follas soltas. O destino semella estar borroso, como as memorias dun vello poema que se agocha nunha paisaxe escura.
Hernán Fernández (Bos Aires, Arxentina). Graduado da Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica (ENERC) de Arxentina. Dirixiu as longametraxes La piel marcada (2016) e El llanto (2018). Ademais, exerceu como montador en películas como Monstruo Dios (2019) —que obtivo unha mención especial do xurado no 72° Festival de Cannes—, e Matar a la bestia (2021), ambas as dúas dirixidas por Agustina San Martín.
- Título orixinal: Los paisajes
- Ano: 2022
- Duración: 64 minutos
- Idioma orixinal: Ucraíno
- Dirección: Hernán Fernández
- Guión: Hernán Fernández, Constanza Sandoval
- Elenco: Tamara Zhurba, Valentyna Berenda
- Montaxe: José Goyeneche
- Fotografía: Mariano Maximovicz
- Produtora: Macarena Herrera Bravo, Analía Vargas Silva