Hands: Shannon on design + Classe de lutte
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Hands: Shannon on design + Classe de lutte
- MICE 2022
- Estrea
- DCP2K
Hands: Shannon one design
David e Sally Shaw-Smith |1981 I 26’ I Irlanda
David e Sally Shaw-Smith documentaron máis de corenta artesanías tradicionais irlandesas. Neste capítulo Jimmy Furey, un antigo pescador de anguías, constrúe un barco de vela baseado nun barco tradicional de pesca do río Shannon de 18 pés. O documental recolle o proceso de construción do barco.
Classe de lutte
Chris Marker, Groupe Medvedkine de Besançon | 1969 I 40’ I Francia
En marzo de 1967, Chris Marker recibiu unha carta do Centro Cultural do Pobo, que estaba implicado na ocupación da fábrica de Rhodiaceta en Besançon, solicitando que as súas películas fosen proxectadas na fábrica. Marker acepta e viaxa á fábrica, para, unha vez alí, coller a cámara de 16 mm e filmar a folga. Este acto levará á película "A bietot j'espere" (1968) pero, sobre todo, á unión de traballadores e cineastas para a creación conxunta de películas militantes, baixo o nome de Grupos Medvedkine. Da primeira sección, a de Besançon, xorde a curtametraxe "Classe de lutte". Este traballo segue a creación dunha sección sindical da CGT nunha fábrica de reloxos de Besançon na que a traballadora Suzanne Zedet, loita por mobilizar ás demais mulleres da fábrica.
- Título orixinal: Hands: Shannon on design + Classe de lutte
- Duración: 66 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: David e Sally Shaw-Smith, Chris Marker, Groupe Medvedkine de Besançon