Muyeres

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Un home abandónao todo e marcha ás montañas de Asturies para preservar a cultura e a música das anciás que alí viven. «Muyeres», debut en solitario de Marta Lallana, explora, cunha sensibilidade chea de poesía, ese territorio atávico bañado pola luz da lúa e o lume e impregnado de lendas. Unha película tan delicada e emotiva como só pode ser a aperta dunha avoa.

  • Título orixinal: Muyeres
  • Ano: 2023
  • Duración: 77 minutos
  • Idioma orixinal: Asturiano
  • Dirección: Marta Lallana
  • Guión: Raül Refree, Marta Lallana
  • Participación: Carmina Iriarte, Irene Sierra, Nadia Catana, Elena Sierra, Raül Refree
  • Montaxe: Ona Bartrolí, Nila Nuñez
  • Son: Cora Delgado
  • Música: Raül Refree
  • Fotografía: Toni Vidal
  • Distribuidora: Syldavia Cinema