Neva!

  • Estrea
  • DCP2K
  • +4
  • VE
Pase único 19 e 20 de decembro

Neva!

Un pequeno cacto que quere ser unha árbore de Nadal, un esquío que se prepara para a chegada do frío, un boneco de neve que se desliza ao ritmo do clarinete ou un oso polar que descobre a calor da amizade son algúns dos protagonistas desta tenra selección de historias sobre as marabillas do inverno. Unha época máxica para desfrutar da natureza, aniñarse en familia e compartir o mellor do que somos e do que temos.

NEVA! dá a benvida á estación máis fría do ano con nove cálidas aventuras cheas de neve, xenerosidade e personaxes entrañables.

  • Título orixinal: ¡NIEVA!
  • Ano: 2026
  • Duración: 55 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: VV.AA
  • Guión: VV.AA
  • Elenco: Animación
  • Distribuidora: Rita&Luca