Nicaragua, patria libre para vivir

  • Estrea
  • VO

Nicaragua, patria libre para vivir

  • Estrea
  • VO

Agosto de 2018. Pasaron catro meses desde que en Nicaragua unha insurrección popular sen precedentes desde 1979 puxera en xaque ao goberno de Daniel Ortega e Rosario Murillo, convertido nunha ditadura real. Os mortos cóntanse por centenares, así como os desaparecidos e os presos políticos. As forzas policiais e, especialmente, paramilitares desencadearon unha cacería casa por casa para deter aos principais líderes das revoltas, entre os que se atopan labregos, xornalistas, ecoloxistas e antigos guerrilleiros sandinistas.

Neste contexto de terror, un xornalista español e doutor universitario especializado na Revolución Sandinista infíltrase na resistencia ao réxime de Ortega para coñecer de primeira man a natureza dunhas protestas que van alén dunha revolta máis. Cun estilo directo e cunha narrativa que vai do máis puramente literario ao estritamente xornalístico, no filme acádanse valiosísimos testemuños de protagonistas que pouco despois tiveron que saír ao exilio ou foron encarcerados polo réxime de Ortega.

*Sesión organizada por Solidariedade Internacional de Galicia que contará con presentación e coloquio co director. Entrada gratuíta previa retirada de convites na nosa web a partir do martes 14 de setembro

  • Título orixinal: Nicaragua, patria libre para vivir
  • Ano: 2020
  • Duración: 83 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Daniel Rodríguez Moya
  • Participación: Sergio Ramírez Mercado, Ernesto Cardenal, Francisca 'Chica' Ramírez, Lesther Alemán, Sofía Montenegro