Ninjababy

  • DCP 2K
  • +16
  • VOSE

Ninjababy

Aos 23 anos a vida de Rakel muda cando se decata, quizais demasiado tarde, de que está embarazada. Rakel é ilustradora e encántalle estar involucrada en diferentes proxectos, pero criar un bebé? Rakel debe enfrontarse a esa pregunta antes do esperado, e a sorpresa é dobre: está de seis meses, polo que non hai opción de abortar. Amante da cervexa, as drogas e o sexo sen apegos, non ten ningún interese en ser nai. Antes de tomar ningunha decisión, comeza a debuxar a súa "ninjababy", que non lle poñerá as cousas nada doadas.

Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero

  • Título orixinal: Ninjababy
  • Ano: 2020
  • Duración: 103 minutos
  • Idioma orixinal: Noruegués
  • Dirección: Yngvild Sve Flikke
  • Guión: Johan Fasting, Yngvild Sve Flikke, Inga Sætre Música
  • Elenco: Kristine Kujath Thorp, Arthur Berning, Nader Khademi, Tora Christine Dietrichson, Silya Nymoen, Herman Tømmeraas
  • Música: Kare Vestrheim
  • Fotografía: Marianne Bakke
  • Produtora: Motlys
  • Distribuidora: Elamedia
Xixón 2021 (Premio Europa Nova á Mellor Dirección de Largometraxe Europeo), Premios do Cinema Europeo 2021 (Mellor Comedia), Berlinale 2021 (Mención especial), SXSW 2021 (Premio do Público - Global Section )