Cineuropa 2021 - No Táxi do Jack
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Cineuropa 2021 - No Táxi do Jack
- Cineuropa 2021
- Estrea
- DCP2K
Aos seus 63 anos e a piques de se xubilar, Joaquim vese obrigado a cumprir unha serie de estrañas normas para poder cobrar o subsidio de desemprego. Malia saber que non volverá traballar, ten que ir de empresa en empresa pedindo selos que proben que pasou por aí na procura de traballo. Nestes traxectos lembra a súa vida como inmigrante nos Estados Unidos, onde traballou como taxista na cidade de Nova York e onde presenciou numerosas caídas da bolsa de Wall Street.
Nova York como punto de referencia autobiográfico forma un tema importante na película, que experimenta —con ese agradable espírito lúdico que caracteriza o cinema independente portugués dos últimos anos—, cos límites entre a realidade e a ficción. Joaquim ten un estilo urbanita; sempre ben arranxado e cunha camisa de estampado extravagante, lembra ás estrelas da televisión estadounidense dos anos 70, sobre todo cando conduce o seu Mercedes Elegance. De xeito convincente, a cineasta portuguesa Susana Nobre amosa como unha vida como a de Joaquim pode trascender e beneficiarse de dúas culturas nacionais sumamente diverxentes, apuntaladas pola mesma situación de Portugal trala ditadura de Salazar.
Susana Nobre (Lisboa, 1974)
Estudou Ciencias da Comunicación na Universidade de Lisboa. As súas películas exhibíronse en festivais como Cannes, Róterdam, Angers ou Río de Xaneiro. Desde 2006, é unha dos seis produtores executivos de Terratreme Filmes. Active life (2013) e Trials, Exorcisms (2015) ou a multigalardoada Tempo comum (2018) son outros dos seus títulos.
- Título orixinal: No Táxi do Jack
- Ano: 2021
- Duración: 70 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Susana Nobre
- Guión: Susana Nobre
- Elenco: Maria Carvalho, Amindo Martins Rato, Joaquim Veríssimo
- Montaxe: Susana Nobre, João Rosas
- Fotografía: Paulo Menezes
- Produtora: Terratreme Filmes