Os vestixios

  • Estrea
  • DCP4K
  • VO

Os vestixios

  • Estrea
  • DCP4K

Vestixio, do latín vestigium, significa pegada, resto, pero tamén indagar. A través de imaxes de grande beleza poética, a guionista e directora Rosa Taboada recrea toda a atmosfera escurantista dunha época da historia do noso patrimonio relixioso e, ao mesmo tempo, dálle continuidade no tempo presente.

A curtametraxe aposta por describir en primeira persoa as sensacións interiores que se experimentan ao entrar por primeira vez nos espazos do templo durante o tempo da noite, sen visitantes, tratando de atopar as pegadas e vestixios do Reino Medieval que chegaron ata o nosos días.

O acto contará coa presenza da actriz protagonista Melania Cruz, a guionista e directora Rosa Taboada, a Catedrática de Arte da USC Rocío Sánchez Ameijeiras e do resto do equipo do filme.

  • Título orixinal: Os vestixios
  • Ano: 2022
  • Duración: 20 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Rosa Taboada
  • Guión: Rosa Taboada
  • Elenco: Melania Cruz
  • Son: Alberto Blanco
  • Música: Martín Códax
  • Fotografía: Jaime Cuña
  • Produtora: Martela Films
Premio Fondos do Reino Medieval de Galicia 2021-22, Festival San Sebastián 2022 (Seleccionada Industry Club "Meet Them")