Panorama audiovisual galego #2
- Estrea
Panorama audiovisual galego #2
- Cineuropa 2016
- Estrea
Den Pobedy: Día da Vitoria
Alberto Lobelle | 2015 | 38 min.
O Den Pobedy (Día da Vitoria) é un dos días máis importantes na maioría das ex-repúblicas soviéticas. Ten lugar o 9 de maio e nel conmemórase a vitoria da URSS sobre a Alemaña nazi na Gran Guerra Patriótica (1941-1945), rendendo homenaxe aos veteranos e aos máis de 26 millóns de caídos no bando soviético. Kalinichenko Vasily Porfirievich combateu no 3º fronte ucraíno e no 1º fronte bielorruso do Exército Roxo. Como membro do 226º Rexemento de Infantería, entrou en Berlín o 22 de abril de 1945. Este documental trata sobre a guerra, sobre el e a súa familia.
Freedom to Kill the Other's Children
David Varela | 2016 | 31 min.
Gilad Shalit, un soldado das forzas armadas de Israel, foi capturado en 2006 por milicianos de Hamas e mantido prisioneiro durante cinco anos ata a súa liberación a cambio de 1.027 presos palestinos. Esta é a visión da historia de alguén que estivo cun pé a cada lado e máis tarde reviviuna a través dos medios.
Jeanette
Xurxo Chirro | 2016 | 8 min.
A intención desta curtametraxe é mostrar como simplemente coa expresividade dun rostro se pode contar unha historia. A idea é que a escala de planos oscile entre un primeiro plano e un primeirísimo plano, desta maneira o mínimo cambio da cara da moza será perceptible e significante. Esta película ten en conta dúas opcións: por un lado é unha ficción e por outro un documental sobre o rostro dunha moza. Así se contempla a duración dun retrato para que o mínimo movemento toma significado.
- Título orixinal: Panorama audiovisual galego #2