Poesía no Condado

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO
Pase único 24 de outubro

Poesía no Condado

  • Repertorio
  • DCP2K

Poesía no Condado percorre a historia da Sociedade Cultural e Deportiva do Condado, a entidade que, desde 1981, dá vida ao Festival da Poesía desta comarca. A través das voces das súas protagonistas e do seu coidado arquivo, reconstrúe a memoria deste colectivo arraiano, plural e interxeracional, que fixo da poesía unha ferramenta para imaxinar outros mundos e loitar por eles. Esta é a historia dunha asociación que soubo mover os marcos, desafiar os límites e construír, contra todo prognóstico, aquilo que parecía imposible. Un poema colectivo, político e vital que continúa aínda a ser escrito.

O pase terá acceso gratuíto até completar aforo con presentación e coloquio a cargo dos membros do equipo.

  • Título orixinal: Poesía no Condado
  • Ano: 2026
  • Duración: 50 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Irene Pin
  • Guión: Irene Pin
  • Son: Xaquín Lema, Juan Garrido
  • Produtora: Carlos Barros
  • Distribuidora: Aqueladas S. Coop. Galega