Programa de curtas internacionais

  • Estrea

Programa de curtas internacionais

Ur artean

Jesús María Palacios & Íñigo Jiménez | 2015 | 27 min.

Retrato dos últimos habitantes da illa de Santa Clara en San Sebastián. En setembro de 2014 o edificio do faro de Santa Clara cumpriu 150 anos. Hai 45 anos que non vive ninguén alí pero, quen foron as últimas persoas que o habitaron? Durante máis de vinte anos o fareiro José Manuel Andoin e a súa nai, María Torralbo, viviron neste lugar a escasos 500 metros da cidade de San Sebastián pero illados da sociedade e baixo unhas condicións realmente duras. Ur Artean é a historia da enigmática relación entre unha nai de forte carácter e un fillo compracente, cunha vida paralela que o converteu nunha figura olímpica esquecida.

Um dia no Ilè

Guilherme César & Alcides Jesús dos Santos | 2015 | 18 min.

En tempos de violenta intolerancia actúan un grupo de nenos dos arrabaldes dunha gran cidade que viven alegrías, aventuras e a aprendizaxe nunha Casa de Candomblé.

Dancing with Monsters

Isabella Frielinger | 2016 | 10 min.

Como reaccionamos ante un mundo de violencia e brutalidade? Convertémonos en vítimas ou perpetradores nós mesmos? Zara nin en un nin en outro. Ela só quere ser bailarina. Zara crece nun mundo onde está prohibido bailar e os disparos son un constante recordatorio da guerra. Soña con converterse nunha superheroína para protexer a súa familia, mentres continúa bailando na decadente sala de estar.

Normal

Vadim Lasca | 2015 | 17 min.

Fabricio, un mozo chavista, atópase atrapado na súa casa durante os disturbios que ocorreron en Venezuela en 2014. Alejandra, a súa ex noiva opositora, participa nas protestas e é perseguida pola Garda Nacional. Na fuxida, chega sen sabelo ata a casa de Fabricio, quen a axuda para esconderse. Debido á feble situación na rúa, Alejandra debe quedar con Fabricio ata que sexa seguro saír de aí. Durante ese tempo xuntos deberán lidar coas súas diferenzas políticas, que no pasado ocasionaron a súa separación.

Carta 12, Praga

Vera Czemerinski | 2016 | 10 min.

Relato de ficción presentado a modo de ensaio, Carta 12, Praga foi filmada en República Checa, pero o seu punto de vista é o daquel que mira Europa cos ollos de quen creceu no Río da Prata. A historia da cidade e os eventos que a percorreron a través do tempo (o seu mito fundacional, o seu inverosímil cemiterio xudeu, as súas inundacións destrutivas, os seus corenta e catro anos de réxime comunista) son percibidos por Isabella, quen desde a súa cándida voz encarna a subxectividade desde a cal necesariamente miramos o mundo, e as experiencias que atravesamos no noso paso por el.

  • Título orixinal: Programa de curtas internacionais