Proxecto Vida
- Estrea
Proxecto Vida
- Cineuropa 2016
- Estrea
Vida
Rubén Riós | 2016 | Galicia | Ficción | 16 min.
A obra de ficción Vida, unha mestura de arte, entretemento e comunicación, convértese na primeira experiencia audiovisual de persoas con capacidades diferentes, que se entrelaza cun reparto artístico de primeira categoría como os recoñecidos actores Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia entre outros, trasladarán ao espectador dunha maneira lúdica e enteiramente positiva e realista, as diferencias sociais existentes invitando ao público á reflexión.
Máis ca vida
Rubén Riós | 2016 | Galicia | Documental | 50 min.
Máis ca Vida é un documental cunha duración de 50 minutos que recolle os testemuños reais do día a día do mundo que rodea ás persoas con capacidades diferentes. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse de cara á rodaxe en ligazón aos seus medos, alegrías, interrogantes, dificultades, fatigas… aos seus sentimentos.
- Título orixinal: Proxecto Vida