Eeeh... Ben, ok. Chatea co estudo de animación experimental Rapapawn

  • Estrea
  • VO

Eeeh... Ben, ok. Chatea co estudo de animación experimental Rapapawn

Na súa obstinación por influír na intersección de disciplinas, Curtocircuíto convida ao colectivo Rapapawn a falar da súa obra gráfica e se expande ao mundo da animación e as imaxes en movemento. Deste cruce xorde a proposta que lles fai o festival para levar en directo o seu traballo visual da man do seu compañeiro de xeración, Pantis.

Como eles mesmos din: "Falaremos do noso traballo videográfico abordando algúns puntos clave, a saber: os inicios artísticos, a profesionalización no sector da animación, o proceso creativo, a carreira e os últimos proxectos. Partindo deste último tema, falaremos dende a nosa experiencia do panorama actual en relación á industria cultural, audiovisual, público, tecnoloxía, etc., expoñendo a nosa visión persoal e abrindo a charla aos asistentes para intercambiar perspectivas con eles."

  • Título orixinal: Eeeh... Ben, ok. Chatea co estudo de animación experimental Rapapawn
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Rapapawn