A tenda dos horrores

  • Repertorio
  • HD
  • VOSE
Pase únicos 1 e 2 de novembro

A tenda dos horrores

Seymour, un mozo dependente dunha floristería, está namorado da súa compañeira Audrie, pero ela sae cun sádico dentista. Un día, xusto despois dun estraño eclipse, Seymour merca unha pequena planta, á que bautiza como Audrie II. A planta comezará a moverse e mesmo a falar con Seymour, de maneira que se converte nunha atracción para a cidade. O que ninguén sabe é que se trata dun ser que se alimenta de sangue humano.

O filme contará con pases en versión orixinal subtitulada (sábado 1 de novembro) e dobrada ao español (domingo 2).

  • Título orixinal: Little Shop of Horrors
  • Ano: 1986
  • Duración: 94 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Frank Oz
  • Guión: Howard Ashman. Remake: Charles B. Griffith, Roger Corman
  • Elenco: Rick Moranis, Ellen Greene, Steve Martin, Vincent Gardenia, James Belushi, John Candy, Bill Murray, Miriam Margolyles, Christopher Guest
  • Montaxe: Gillian L. Hutshing, John Jympson
  • Dirección de arte: Steve Spence
  • Vestiario: Marit Allen
  • Son: Ron Davis
  • Música: Miles Goodman. Cancións: Alan Menken
  • Fotografía: Robert Paynter
  • Produtora: Warner Bros. (EEUU)
  • Distribuidora: Warner Bros.
Oscar 1986 (Nomeada a mellor canción e efectos especiais), Globos de Ouro 1986 (Nomeada a mellor comedia e música orixinal)