Tierra de leche y miel
- Os ollos verdes
- DCP2K
- +7
- VOSE
Tierra de leche y miel
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX 2022
- Os ollos verdes
- DCP2K
- +7
En Saraxevo, Mirsada e a súa filla sobreviven nun centro colectivo agardando unha solución habitacional que nunca chega. En Tiflis, Bela, aos seus 78 anos, loita cada día por recuperar os corpos dos desaparecidos nas guerras de Abkhazia. Á súa vez, mentres centos de desprazados comezan a adquirir as prometidas vivendas gobernamentais, Dani, Gio e Vika, de 11 anos, comezan a asimilar a súa despedida. E, en Grecia, Alia e Hussein, que fuxiron da guerra en Siria, agardan con anhelo o reencontro coa súa filla Zozan desde un limbo do que non é sinxelo saír. ‘Tierra de leche y miel’ é un retrato colectivo do desprazamento e as cicatrices da guerra.
O pase do sábado 26 de febreiro terá presentación e coloquio do director Héctor Domínguez-Viguera e terá tarifa reducida grazas á colaboración de Amnistía Internacional Compostela
- Título orixinal: Tierra de leche y miel
- Ano: 2020
- Duración: 89 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Héctor Domínguez-Viguera, Carlos Mora Fuentes, Gonzalo Recio
- Guión: Héctor Domínguez-Viguera, Carlos Mora Fuentes, Gonzalo Recio
- Montaxe: Gonzalo Recio
- Son: Sergio López-Eraña
- Fotografía: Gonzalo Recio
- Produtora: Zerkalo Films