Tony Conrad: Completely in the Present
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Tony Conrad: Completely in the Present
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX
- Estrea
- DCP2K
Utilizando gravacións íntimas de Tony e os seus colaboradores rodadas durante os últimos vintedous anos, así como o seu propio arquivo, esta obra reflicte o propio enfoque radical de Conrad para facer arte. Tony Conrad foi un dos grandes artistas norteamericanos do seu tempo, pero para o mundo en xeral segue a ser bastante descoñecido. Desde principios dos anos 60, os filmes e as composicións de Conrad foron materia de lenda para artistas e músicos de todas partes do mundo. Compuxo, interpretou e gravou a banda sonora da lendaria película de Jack Smith, Flaming Criatures; puxo ao descuberto os paradigmas do cinema experimental con The Flicker; os seus primeiros traballos con La Monte Young e John Cale xogaron un papel fundamental na formación de The Velvet Underground; foi activista incansábel pola democratización e acceso da televisión pública aos cidadáns...
- Título orixinal: Tony Conrad: Completely in the Present
- Ano: 2016
- Duración: 96 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Tyler Hubby
- Guión: Tyler Hubby
- Participación: John Cale, Tony Conrad, David Grubbs, Branden Joseph, Zach Layton, Moby, Tony Oursler, Lou Reed
- Montaxe: Tyler Hubby
- Son: Caleb Hollenback, Raymond Park, Mark A. Rozett, Ben Whitver
- Música: Tony Conrad
- Fotografía: Damian Calvo, Fortunato Procopio
- Produtora: Paul Williams (Estados Unidos)