Programa Val del Omar
- Repertorio
- VO
Programa Val del Omar
- Cineuropa 2024
- Repertorio
Acariño Galaico
José Val del Omar | 1961-1995 | 23 min | DOC
Trátase, se cadra, do seu filme máis (oniricamente) narrativo. Cando foi concibido, a comezos dos sesenta, presentaba técnicas especiais de iluminación e un innovador uso do positivo e negativo, así como unha concepción vangardista do son, a partir de gravacións de ambiente que esperaba obter nas primeiras proxeccións do filme. Seleccionado na Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica de Venecia 1995.
Fuego en Castilla
José Val del Omar | 1958 | 17 min | DOC
Val del Omar utiliza as imaxes relixiosas de madeira de Juan de Juni e imaxes das procesións de Semana Santa para poñer en práctica a táctil-visión, un sistema de cinema en 3D para o que non cómpre o uso de gafas, senón que conseguía a través dun uso particular da luminación e do flicker ou parpadeo. Mención especial no Festival de Cannes 1961.
Aguaespejo granadino
José Val del Omar | 1953 | 21 min | DOC
Foi a primeira expresión da diafonía, un sistema de son en estéreo cunha situación e división de canles dirixida á psique da audiencia, e do desbordamento apanorámico da imaxe (unha anticipación do cinema expandido de Vanderbeek, que anegaba a sala de imaxes abstractas extrafoveais que xiraban arredor da pantalla), usando as fontes da Alhambra como tema. Seleccionado na Berlinale 1956.
Este pase contará cun coloquio cos comisarios deste programa, Ana Domínguez e Ángel Rueda, e coa encargada do arquivo Val del Omar, Piluca Baquero.
- Título orixinal: Programa Val del Omar
- Ano: 1953
- Duración: 61 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: José Val del Omar