Wild River / Río Salvaxe

  • Repertorio
  • VOSE

Wild River / Río Salvaxe

América, anos trinta. Chuck Glover é un funcionario do Goberno do val do Tennessee, encargado de expropiar as terras da ribeira do río, xa que os  seus habitantes sofren a miúdo os seus devastadores desbordamentos. Amais de evitar catástrofes, preténdese construír unha central hidroeléctrica que garanta o progreso da rexión. Pero ese proxecto esixe a demolición das vivendas dunha pequena poboación e a evacuación dos seus habitantes. E o caso máis difícil de resolver é o dunha muller de 80 anos que se resiste con todas as súas forzas a abandonar o fogar dos seus devanceiros. Mentres Chuck intenta convencer a anciá, vaise namorando da súa neta, a fermosa Carol

  • Título orixinal: Wild River
  • Ano: 1960
  • Duración: 110 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Elia Kazan
  • Guión: Paul Osborn. Baseado nas novelas de Borden Deal e William Bradford Huie
  • Elenco: Montgomery Clift, Lee Remick, Jo Van Fleet
  • Montaxe: William H. Reynolds
  • Fotografía: Ellsworth Fredricks
  • Produtora: Elia Kazan
Sección oficial da Berlinale 1960